A Coruña

A Coruña, unha cidade portuaria no extremo noroeste de España na beira do Atlántico Norte. Este lugar especial no corazón de Galicia é unha terra virxe e única, un lugar cunha beleza agreste. Un lugar con impresionantes acantilados e praias de area azoutadas polo vento, inalterable e cambiante como as estacións, que ten sido fonte de inspiración para incontables artistas, pintores, escultores, escritores e fotógrafos.

Space 3 acoruna 1697126727

© Profirst - Justin Paquay

Espazo fotográfico
da cidade da Coruña

A exposición Helmut Newton - Fact & Fiction será presentada no centro de exposicións da Fundación MOP na cidade da Coruña. O centro de exposicións está situado na zona portuaria da cidade, edificios industriais recuperados reimaxinados dun xeito elegante como un espazo contemporáneo con calidade de museo capaz de albergar as exposicións dos nomes propios máis salientables en fotografía de moda.

La Fundación
MOP,
A Fundación
MOP.

A Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) defínese a través das tres paixóns que a guían: a moda, a fotografía e a cidade da Coruña. A exposición inaugural da Fundación, Peter Lindbergh: Untold Stories atraeu a máis de 100 000 persoas. A súa segunda exposición, Steven Meisel 1993: A Year in Photographs, afianzou ese éxito atraendo a máis de 132 000 visitantes. A terceira exposición da Fundación, Helmut Newton - Fact & Fiction, terá lugar dende o 18 de novembro de 2023 ata o 1 de maio de 2024. A Fundación ten por obxectivo traer á cidade da Coruña exposicións de fotografía de nivel mundial para, dese xeito, acercar a cidade da Coruña ao mundo. A través do seu programa de exposicións, a Fundación ofrécelle ao público a posibilidade de descubrir o traballo de auténticos mestres da fotografía. Ao mesmo tempo que se exhibe a estes artistas, a Fundación tamén está a desenvolver un programa educativo deseñado para apoiar aos artistas do futuro.

Máis información
Space 4 acoruna 1697126826

© Profirst - Justin Paquay

Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar as súas preferencias e hábitos de navegación.

Configuración de cookies