Exposición
A Coruña, Galicia, España
18 Nov, 2023 - 01 May, 2024

© Helmut Newton, Fat Hand And Dollars, Monte Carlo, 1986
Fact & Fiction
A Fundación MOP se enorgullece de acoller Helmut Newton - Fact & Fiction, a nova exposición na Coruña que entrelaza o persoal e o profesional. A exposición comeza cunha secuencia de Polaroides que proporciona unha idea inmediata do xeito en que traballaba Newton. As Polaroides eran un elemento importante que lle axudaba a crear a fotografía que tiña visualizado. A mostra das revistas lémbranos que, na maioría dos casos, as fotografías que Newton estaba a crear estaban pensadas para aparecer nas páxinas dunha revista, principal punto de encontro de Helmut co seu público.
A medida que a exposición vai descubrindo unha sorprendente serie de imaxes, dámonos conta de que acabados de entrar no mundo de Newton, e de que temos que adiviñar por nos mesmos que é realidade e que é ficción. Este é un mundo de imaxinación, pero o universo intrigante polo que nos sentimos atraídos se desenvólvese nun contexto que recoñecemos como real. É un mundo de indicios e alusións, que inclúe referencias coñecidas a artistas históricos, entre os que se atopan dende Manet, Velázquez e May Ray a Alfred Hitchcock e ao melodrama do cine negro. Estamos invitados a ver o mundo de novo a través da mirada reveladora, aguda e excepcional de Newton.
Persoal e Profesional
A exposición presenta a colección das imaxes máis icónicas de Helmut Newton, incluíndo Rue Aubriot e Big Nude III e os seus memorables retratos de personaxes tan famosas coma David Bowie, Naomi Campbell, Karl Lagerfeld, Charlotte Rampling, Yves Saint Laurent, Margaret Thatcher e Andy Warhol. As súas paisaxes altamente atmosféricas e menos coñecidas engaden unha dimensión inesperada. A exposición tamén amosa retratos de Newton de diferentes momentos da súa vida, obxectos persoais, pósters e vídeos del traballando.
Helmut Newton – Fact & Fiction está comisariada por Philippe Garner, Matthias Harder e Tim Jefferies

A Coruña, Galicia, España
Un lugar máxico e inspirador onde a terra atópase co mar, un sitio cheo de contradicións e posibilidades.