Helmut Newton

Na actualidade, o legado fotográfico e a singular historia da vida de Helmut Newton sigue a fascinar ao público internacional, incluso dúas décadas despois da súa morte. As súas imaxes reflicten aspectos particulares da nosa sociedade en momentos concretos, aínda que van moito máis aló diso. Céntranse en aspectos da nosa historia política e cultural que seguen a ser relevantes; exploran os complexos temas universais dos protocolos sexuais e sociais; y representan todo un reto para aqueles que poderían tentar restrinxir as nosas prezadas liberdades de palabra e opinión.

Newton gozaba xogando coas contradicións. O seu mundo pictórico estaba cheo de artificios construídos de xeito meticuloso, pero coa insistente inmediatez e a convincente persuasión que acadou dunha forma hábil a través do medio imparcial e forense da fotografía. O tema das contradicións e da dinámica que xeran é fundamental tanto para o home coma para o seu traballo.

Newton fíxose famoso como fotógrafo de moda. As súas imaxes foron cada vez máis demandadas por parte das principais revistas, en particular por Vogue Paris, incluíndo ademais a Elle, Marie Claire, Stern, British Vogue, Queen e Nova. O seu apetito por facer fotos e velas publicadas era insaciable. Newton demostrou ser o seu xefe máis esixente, ansioso por expresarse e imporse superando os límites e provocando unha reacción por parte da audiencia.

O traballo de Newton tense exhibido por todo o mundo e ten aparecido en incontables revistas e numerosos monográficos. A xestión da conservación e presentación do seu legado corre a cargo da fundación Helmut Newton Foundation en Berlín, que se estableceu en 2003.

As 225 26 1 1697124489

© Alice Springs, Helmut Newton at Home, Rue Aubriot, Paris, 1971

Os comezos / Os primeiros anos

Helmut Newton naceu en Berlín en 1920, sendo o fillo dunha próspera familia xudía. A súa paixón por facer fotografías ven de lonxe, dende a súa nenez, cando con 12 anos mercou a súa primeira cámara, unha Agfa Box Tengor. Os seus breves anos de aprendizaxe no estudio de Yva (Elsie Neuländer Simon), especializado en retratos, moda e espidos, cristalizaron na súa propia determinación nestes eidos. Pero non foi ata finais da década de 1940, despois da dramática perturbación provocada pola Segunda Guerra Mundial, que creou o seu propio estudio en Melbourne, onde coñeceu a June Brunell e, posteriormente, casou con ela. Pero foi a partir de 1961, cando el e June finalmente se instalaron en París (no famoso apartamento da rúa Aubriot) cando a súa carreira comezou a despegar e o seu traballo empezou a aparecer nas páxinas de French Vogue e Harper’s Bazaar.

O Artista
Emerxente

1966

Renova o seu contrato con Vogue Paris sendo a editora de moda, e eventual editora xefa, Francine Crescent, comezando a que resultaría ser a relación editorial máis frutífera da súa carreira.

1970/1971

June Newton adopta o nome profesional de Alice Springs tras comezar a realizar os seus propios encargos fotográficos.


Helmut sufre un infarto grave e é ingresado no hospital mentres estaba en Nova York realizando unha sesión fotográfica por invitación de Alex Liberman, director creativo de American Vogue. Comeza a arquivar os seus negativos e as súas follas de contactos de xeito sistemático. 

1975/1976

Ten lugar a súa primeira exposición individual, presentada na galería Galerie Nikon, París. Celebra a súa primeira exposición en Londres, na galería Photographers’ Gallery. E publícase o seu primeiro libro, White Women, en numerosas edicións internacionais. Gaña o premio Kodak Photobook Award.

1981

A súa exposición na galería Galerie Daniel Templon de París presenta fotografías de gran formato, en particular a súa primeira serie de Big Nudes, unha das cales, Big Nude III, a imaxe do cartel da exposición, estaba destinada a converterse nunha das súas obras máis famosas e emblemáticas.


A exposición conmemórase coa publicación de Helmut Newton, pronto revisada e novamente publicada co texto introdutorio de Karl Lagerfeld como Helmut Newton – 47 Nudes.

1984

A súa primeira gran exposición nun museo, Portraits, comisariada por Françoise Marquet, inaugúrase no museo Musée d’Art moderne de la Ville de Paris (Museo de Arte Moderno de París). Publica World without Men, unha antoloxía retrospectiva da súa fotografía de moda.

1988/1989

Portraits exhíbese na National Portrait Gallery de Londres.
Noméano Cabaleiro da Orde das Artes e das Letras.

1992

Publica Pola Woman, presentándolle á súa audiencia as súas Polaroids. 
A súa exposición Archives de Nuit, patrocinada e presentada en París polo banco Crédit Foncier de France, presenta novos traballos importantes que inclúen os seus Domestic Nudes e os seus Panoramic Nudes, e toda unha serie de imaxes máis persoais. 
A Verdienstorden der Bundesrepublik Deutschland (Orde do Mérito da República Federal de Alemaña) concédelle a Grosses Verdienstkreuz (Gran Cruz do Mérito) pola súa contribución á cultura.
Foi nomeado Chevalier de l’Ordre du Mérite culturel (Cabaleiro da Orde do Mérito Cultural) pola súa Alteza Serenísima a Princesa Carolina de Mónaco.

1995/1996

É o protagonista dun documental íntimo, Helmut by June, rodado pola súa muller.
Noméano Cabaleiro da Orde das Artes e das Letras. 

1998/1999

Publica Pages from the Glossies: Facsimiles 1956–1998, un compendio de páxinas de revistas e portadas que recorren a súa carreira como fotógrafo de moda. Tamén publica outros dous libros importantes. Helmut Newton Alice Springs: Us and Them e SUMO, concibido en estreita colaboración co editor Benedikt Taschen como unha homenaxe á longa carreira de Helmut nun formato monumental.

2002/2003

Aparece a súa Autobiographie en alemán, seguida da súa Autobiography en inglés e noutras versións internacionais.
Acepta o acordo formal coa fundación Prussian Cultural Heritage Foundation (Stiftung Preussischer Kulturbesitz) para o uso do antigo club de oficiais en fronte da estación do zoolóxico e establece a fundación Helmut Newton Foundation en Berlín.

2004

Helmut Newton falece o 23 de xaneiro en Os Ánxeles.

Space 1 acoruna 1697126419

© Profirst - Justin Paquay

Explore o universo erótico e glamoroso
de Newton onde nada é o que parece.

Planificar a visita

Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar as súas preferencias e hábitos de navegación.

Configuración de cookies